Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado asista regularmente ás clases, participe activamente en todas as actividades propostas polos profesores e consulte a bibliografía e outro material recomendado. As titorías son un recurso útil que os alumnos deberían utilizar as veces que fose necesario. O acceso campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispoñer e revisar antes das clases o material complementario facilita a participación do alumno e a súa capacidade de adquirir coñecementos. Recoméndase tamén a lectura do programa e as normas de avaliación. |