Esta materia inclúe coñecementos básicos sobre a materia cristalina en estado sólido, a súa estructura e simetría. Unha parte importante da asinatura céntrase nos procesos naturais que dan lugar ós minerais e nalgunhas das propiedades que permiten recoñecer ós mesmos.
Plan de continxencia
I.Adaptación no caso de non presencialidade sobrevidad causada por gromos de COVID.
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Solución de problemas
Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio (non se realizarán, e a avaliación destes coñecementos se incorpora á metodoloxía de solución de problemas).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos.
Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de foros da materia, para formular as consultas necesarias.
Teams: 2 sesións síncronas semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos, e unha sesión síncrona semanal por grupo pequeño. As sesións de Teams terán lugar na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario aprobado pola facultade.
4. Modificacións na avaliación
Prácticas de laboratorio.- Elimínase a súa contribución a calificación final, que pasa a formar parte da solución de problemas. Redúcese o peso da proba mixta na calificación final ó 40%. Polo tanto, o peso de cada unha das actividades avaliables será o seguinte:
Proba mixta (40%)
Solución de problemas (60%)
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as referencias ao cómputo da asistencia só se realizarán respecto das sesión que poidera haber ate o momento no que se suspende a actividade na facultade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
II.Adaptación no caso no que se supere o aforo da aula asignada para as clases magistrales da materia.
1.No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías