Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Química Analítica 2 |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Química Analítica 2 | Código | 610G01012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A7 A15 A20 A21 A22 A24 A25 B2 B4 C1 | O traballo do alumno irase avaliando o longo dos seminarios. Terase en conta se é o caso, a resolución de cuestións ou problemas plantexados polo profesor. |
20 |
Prácticas de laboratorio | A7 A15 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A24 B2 B3 B4 C6 C8 | Avaliarase de modo continuado o traballo desenvolto polo alumno no laboratorio: destreza, interpretación dos datos experimentais, a correcta realización dos cálculos e das cuestións propostas. Tamén se terá que entregar unha memoria final e resolver un caso práctico proposto polo profesor | 20 |
Proba mixta | A7 A15 A20 A24 B2 B3 B4 C1 | Realizase nas datas oficiais aprobadas polo centro. Servirá para podera avaliar o grado de aprendizaxe e de adquisición de competencias por parte do alumno. Constará tanto de preguntas teóricas como cuestións aplicadas e resolución de problemas numéricos. |
60 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia deben darse os seguintes requisitos básicos: -As prácticas de laboratorio son obrigatorias. -Acadar unha cualificación final de 5 puntos sobre dez tanto nas prácticas como na proba mixta. - A cualificación obtida en seminario so se sumará no caso de aprobar a proba mixta. Os alumnos que non participasen nalgunha actividade desenvolvida nas sesión de seminario, obterán unha cualificación de 0 nese apartado (20% da cualificación global) nas dúas oportunidades. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. Mentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade substituirá á obtida na primeira oportunidade. Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que fixesen as prácticas e a sua cualificación fose inferior a 5 puntos, terán a oportunidade de realizar, ademais da proba mixta, unha proba específica relacionada cas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica substituirá a calificación obtida nas prácticas para calcular a cualificación global. O alumno terá a cualificación de Non Presentado cando non faga as prácticas de laboratorio nin a proba mixta. Na avaliación da materia aplicarase todo o establecido no artigo 14, relativo á Comisión de Fraude e responsabilidades disciplinarias, das Normas de avaliación de graos e másteres da UDC Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo de estas para o correspondente curso non se esgotou na súa totalidade na primeira oportunidade. Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente. Os alumnos con dispensa académica de exención de asitencia, ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, a realización das prácticas de laboratorio será obrigatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos dispoñibles. Considéranse exentos das sesións maxistrais se ben se lles facilitará a asistencia a o maior número posible de seminarios. De non poder asistir aos seminarios o alumno fará un traballo tutorizado Deste xeito, este alumnado será avaliado mediante as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio (20%), na proba mixta (60%) e nas actividades desenvolvidas nos seminarios (ou traballo tutorizado) (20%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades. Para aqueles estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro, aplicaranse as consideracions indicadas na guía docente do curso anterior. |
|