Tendo en conta os criterios mencionados, cualificarase cada metodoloxía segundo as seguintes puntuacións:
- Cualificación obtida nas Prácticas de laboratorio: ata un máximo de 1 puntos.
- Cualificación obtida na Proba mixta: ata un máximo de 9 puntos.
- Os alumnos en réxime de estudos con dispensa académica por traballo ou por outros motivos xustificados seguirán o mesmo sistema de cualificación, se teñan algún tipo de dificultade deberán facer uso das tutorías para solventalo.
A cualificación final será a suma das anteriores.
Para aprobar a materia, en ambas oportunidades, será necesario alcanzar un mínimo de 5 puntos en total, debendo cumprirse ao mesmo tempo a condición de ter obtido un mínimo dun 40% da cualificación das Prácticas de laboratorio e un mínimo dun 45% da cualificación da Proba mixta. En caso de que o alumno non alcanzase a devandita puntuación mínima para cada unha delas, aínda no caso de que puntuación total sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a materia figurará na acta como suspensa (4,5). Ademais, para aprobar a materia será obrigatorio ter asistido a todas as clases de laboratorio, incluidos os alumnos en réxime de estudos a tempo parcial, para os cales, na medida do posible, tratarase de axeitar o horario ás suas necesidades.
Obterán a cualificación de Non Presentado, os alumnos que non realicen a proba mixta (Exame final).
As cualificacións das Prácticas de laboratorio conservaranse na "segunda oportunidade de xullo". En canto á cualificación da proba mixta de Xullo, esta substituirá a obtida en "a primeira oportunidade". Para a segunda oportunidade aqueles alumnos que suspendesen as prácticas de laboratorio poderán completar a libreta de laboratorio nos aspectos referentes a preparación previa, realización de cálculos, cálculo de rendemento e análise dos resultados para mellorar a súa cualificación. Non son modificables a cualificación do diario de laboratorio nin o referente ao traballo no laboratorio.
Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".
O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e polo tanto volvería comeza de novo cada curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación programados para o devandito curso. Atendendo as necesidades de laboratorio o coordinador da asignatura poderá propoñer aos alumnos que superasen as practicas no curso anterior cunha cualificación superior a que se estableza que, si o desexan, poderán manter a cualificación de prácticas quedando exentos da súa realización, estos alumnos poderán optar en todo caso por realizar de novo das prácticas.
No caso de detectarse a comisión de fraude nas probas ou actidades
de avaliación por parte de calquera alumno aplicarase o establecido
no artigo 14 das normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacions dos estudos de Grao y Mestrado Universitario, ou a norma que lo sustitúa e implicará directamente a cualificación de
suspenso '0' na materia na oportunidad correspondente.