Plan de continxencia |
(i) ADAPTACIÓN A REALIZAR NO CASO DE NON PRESENCIALIDADE SOBREVIDA CAUSADA POR GROMOS DA ENFERMIDADE
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Proba resposta breve: computa na avaliación (10%), e farase online mediante a plataforma campusvirtual.udc.es
Traballo tutelado: traballo práctico da parte de Estatística Descritiva (ED), que computa na avaliación (10%), traballo práctico da parte de Estatística Inferencial (ED), que computa na avaliación (10%).
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións maxistrais: non computan na avaliación. Impartiranse usando TEAMS na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Ademais, estas sesión por TEAMS poderanse complementar con explicacións con vídeos en formato SCORM, así como cuestionarios de autoavaliación (non avaliables), para que os alumnos poidan comprobar se entenderon ben os conceptos, e vexan o seu progreso.
As prácticas TIC: non computan na avaliación. Na modalidade presencial consistían en análises de datos usando software estatístico (R) nas aulas de informática. Substitúense en campusvirtual.udc.es por vídeos en formato SCORM onde se explica con detalle o desenvolvemento da práctica. Como axuda para o traballo tutelado, contarán en campusvirtual.udc.es cun exemplo de traballo resolto completamente. Ademais, realizaranse titorías grupais semanais por TEAMS (ou mais segundo o demande o alumnado) para seguimento e apoio dos alumnos.
Os seminarios de solución de problemas: non computan na avaliación. Na modalidade presencial impartíanse en grupos reducidos, substitúense en campusvirtual.udc.es por arquivos PDF coa solución detallada dos exercicios, así como un exame de anos anteriores resolto. Ademais, realizaranse titorías grupais semanais por TEAMS (ou mais segundo o demande o alumnado) para seguimento e apoio dos alumnos.
As probas obxectivas: computan na avaliación (70%). Pasan de se realizar presencialmente e modifícanse da seguinte maneira:
(a) Bloque PROBABILIDADE: segue tendo un peso total do 40%. Realizarase unha proba parcial a metade de curso (20%) non eliminatoria, e outra a final de curso (20%), ámbalas dúas de forma online usando campusvirtual.udc.es
(b) Bloque INFERENCIA (INF): segue tendo un peso total do 30% e realizarase de forma online usando campusvirtual.udc.es.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo Electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
Vídeo conferencia (Teams) Unha sesión semanal para tutoría grupal, na que se comprobará o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados. Realizarase dentro da franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Tamén se realizarán titorías individuais e grupais a demanda dos alumnos, fixadas previamente mediante correo electrónico.
Moodle: Diariamente, segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos” asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias
4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios
*Observacións de avaliación:
Para aprobar a materia é necesario ter aprobada por separado cada unha das dúas partes das que consta. En caso contrario, de ter superado só un bloque ou ningún, a cualificación final será como máximo un 4.5.
(a) PROBABILIDADE: para superar este bloque a suma da cualificación de todas as actividades de avaliación debe ser como mínimo un 4.5 (sobre 10). Ademais, a cualificación na proba final deste bloque no pode ser inferior a un 4 (sobre 10). O exame parcial realizaríase de forma online, e xa non sería eliminatorio.
(b) ED - INF: para superar este bloque a suma da cualificación de todas as actividades de avaliación debe ser como mínimo un 4.5 (sobre 10). Ademais, a cualificación na proba final deste bloque no pode ser inferior a un 4 (sobre 10).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de tódolos materiais de traballo dixitalizados en no Campus Virtual.
(II) ADAPTACIÓN PREVISTA NO CENTRO PARA OS CASOS NOS QUE SE SUPERE O AFORO DA AULA ASIGNADA PARA A MATERIA.
No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que o alumnado poida seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio
|