• Estudo da estrutura anatómica básica dos diferentes órganos do corpo das plantas vasculares maiores e organización de sistemas de órganos do corpo de vertebrados superiores ( mamíferos ), o nivel microscópico .
• Bases de organografia microscópica en plantas superiores . Bases de organografia microscópica en vertebrados superiores ( mamíferos ) .
• O tema é básico para outras disciplinas como a fisioloxía ( vexetal e animal) , Inmunoloxía , Patoloxía e Embrioloxía
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se prevén modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se modifican
A metodoloxía adaptarase á modalidad online. Para tal fin recorrerase a Microsoft Teams. Así mesmo, todo o material empregado poñerase a disposición do alumnado a través da plataforma do campus virtual.
As prácticas de laboratorio adaptaranse igualmente, de xeito que as preparacións microscópicas a estudar serán substituídas por imaxes (dos tecidos/órganos a estudiar nas sesións prácticas).
As dúbidas xurdidas (atención personalizada) serán tratadas a través do correo electrónico, campus virtual ou Microsoft teams.
As probas ou exames a realizar faranse a través da plataforma campus virtual.
3. Adaptacións do centro cando se supere o aforo da aula
No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio
4. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Campus virtual: sempre que se requira (segundo necesidade ou demanda do alumnado).
Microsoft Teams: sempre que se requira (segundo necesidade ou demanda do alumnado).
Correo electrónico: sempre que se requira (a demanda do alumnado). De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou outras aclaracións relativas á materia.
5. Modificacións na avaliación
Mantense o sistema de avaliación recollido na guía docente, aínda que as probas realizaranse telemáticamente a través de campus virtual
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as observacións recollidas na guía docente.
6. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se prevén modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías