Materia obrigatoria do grao en Bioloxía. Inicia ao alumnado nos conceptos básicos de Microbioloxía, tanto teóricos como prácticos: estrutura de microorganismos; fisioloxía bacteriana; introdución á Viroloxía; xenética microbiana; filoxenia e sistemática de microorganismos. Serve de base para cursar posteriormente outras materias da área, tanto obrigatorias como optativas. Compleméntase con outras materias do Grao, como Bioquímica, Xenética, Ecoloxía, etc.
Plan de continxencia
No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio
No caso de non presencialidade sobrevida:
1. Modificacións nos contidos
Ninguna
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Ninguna
*Metodoloxías docentes que se modifican
Lección maxistral e seminarios: impartición telemática mediante Teams
Prácticas de laboratorio: no caso de non poder realizarse as prácticas presencialmente sustituiránse por alternativas telemáticas relacionadas co temario correspondiente.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Microsoft Teams: Atención personalizada e grupal (vídeo, audio o chat) cando os alumnos plantexen cuestións; tamén baixo demanda do profesorado.
Moodle: Repositorio de documentos e axuda na docencia, tamén para notificacións e comunicación cos alumnos mediante o foro.
Correo electrónico: Atención personalizada e grupal a cuestións requeridas por os alumnos, así como notificaciones do profesorado
Teléfono: Atención personalizada bidireccional requerida por ambos participantes.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
Todas as probas pasan a ser telemáticas manténdose os porcentaxes
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non procede
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías