Para superar a materia cómpre acadar o 50% (5 sobre 10) da puntuación correspondente ao apartado A (prácticas) e o 50% (5 sobre 10) da puntuación da proba mixta (exame final, apartado B). A nota final en actas do alumnado que non acadara nas prácticas e/ou na proba obxectiva a nota mínima para aprobar a materia, pero cuxa puntuación acumulativa fose superior ao 50% (5 sobre 10), será un 4.5 (SUSPENSO).
Porén, o alumnado con cualificación entre 4,5 e 4,9 en prácticas pode optar a aprobar sempre que a cualificación da proba mixta sexa 5 ou superior e a cualificación final acumulativa (tendo en conta os traballos tutelados, se os tivera realizado) sexa igual ou superior a 5.
O alumnado con cualificación entre 4,5 e 4,9 na proba mixta pode optar a aprobar sempre que a cualificación de prácticas sexa de 5 ou superior e a cualificación final acumulativa (tendo en conta os traballos tutelados, se os tivera realizado) sexa igual ou superior a 5. Neste caso, aínda que a puntuación acumulativa fose superior ao 5 sobre 10, a cualificación en acta será de 5,0.
As cualificacións de prácticas aprobadas gardaranse entre a primeira e segunda oportunidade, así como para as dúas oportunidades do seguinte curso académico. Por exemplo, se unha persoa aproba prácticas na 1ª oportunidade do curso 2020/21, a última oportunidade na que se lle gardaría ese aprobado en prácticas sería a segunda (xullo) do curso 2021/22. Se a persoa aproba prácticas en 2ª oportunidade do curso 2020/21, a última oportunidade na que se lle gardaría ese aprobado en prácticas sería igualmente a segunda (xullo) do curso 2021/22.
Gardaránse as cualificacións de 5 ou superior en proba mixta entre a primera e a segunda oportunidade do mesmo curso académico, pero en ningún caso entre cursos académicos.
Consideraráse PRESENTADO ao alumnado que realice a proba mixta e/ou o exame de prácticas.
No caso de
situacións excepcionais debidamente xustificadas poderán adoptarse medidas
adicionais para que a/o estudante poida superar a materia, tales como
flexibilidade no prazo de entrega de traballos tutelados, flexibilidade no
horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos
resultados da aprendizaxe.
Os
estudantes con adicación a tempo parcial oficialmente recoñecida poderán
realizar as actividades propostas nos seminarios vía on-line e, mediante as
titorías (presenciais ou on-line), solucionar as cuestións que poidan xurdir.
No caso de estudantes que participen en modalidades específicas de aprendizaxe
e apoio á diversidade o profesorado adaptará as actividades de avaliación
continua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia.
A realización fraudulenta das probas ou traballos tutelados implicará directamente a cualificación de suspenso na materia ou no traballo tutelado, respectivamente, de acordo coa normativa da nosa universidade.