Para ser avaliado é imprescindible realizar as probas sobre a teoría (proba mixta), prácticas de laboratorio e prácticas TIC.
Para superar a materia debe acadarse un 5 e ter >4 nas probas mixtas e unha cualificación media nas prácticas >4 (laboratorio e TIC). Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose igual ou superior a 5, pero non se reunisen os requisitos indicados, a cualificación sería 4,9 (suspenso).
Considérase Non Presentado (NP) cando o alumno non se presente á proba do período oficial de avaliación.
As matrículas de honra concédense preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro).
Realizarase un exame parcial e no caso de ter unha cualificación superior a 4 non terá que repetirse nas oportunidades de xaneiro e xullo.
Na segunda oportunidade (xullo) poderá optarse por: (A) asumir os criterios de avaliación da primeira oportunidade (especificados no apartado de AVALIACIÓN); ou (B) realizar as probas correspondentes a teoría (proba mixta), prácticas de laboratorio e prácticas TIC, representando en este caso un 65% a proba mixta.
No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa de exención de asistencia, poderán adoptarse medidas adicionais para que poida superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos tutelados, flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.
Os estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro poderán escoller entre a aplicación da guía docente do curso en vigor ou do curso anterior.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente.