Para superar a materia os alumnos deben de obter polo menos 4 puntos na proba mixta (e en cada unha dos seus dous partes, teórica e práctica) e en seminarios. A media de todas as actividades debe de ser como mínimo de 5; Se resultase ser de 5 ou máis puntos, pero obtivéronse menos de 4 puntos nunha das partes da proba mixta, a nota final será de 4,9 (suspenso). Na segunda oportunidade (Xullo), realizarase unicamente a proba mixta, as cualificaciones obtidas nos seminarios mantéñense da primeira oportunidade. Serán considerados como NON PRESENTADOS aqueles alumnos que non concorran ás probas mixtas.
A asistencia as prácticas considerase obrigatoria. A non asistencia a unha ou dúas sesións de prácticas será penalizada cun punto e dous puntos menos, respectivamente, na nota da parte práctica da proba mixta. Se o alumno non asistise a tres ou máis sesións de prácticas, terá suspensa a asignatura.
Para os estudantes con dedicación a tempo parcial oficialmente
recoñecida e dispensa académica, a actividade de seminarios poderá ser
substituida a petición do alumno por un traballo escrito
As matrículas de honra outorgaranse preferentemente entre os alumnos presentados na avaliación correspondente á primeira oportunidade da convocatoria.
Para ós/ás estudantes que soliciten a CONVOCATORIA
ADIANTADA DE DECEMBRO, aplicarase a normativa, segundo a
cal rixe a guía docente do curso en vigor.