Teaching GuideTerm Faculty of Science |
Grao en Bioloxía |
Subjects |
Animal Physiology I |
Assessment |
|
|
|
Identifying Data | 2021/22 | |||||||||||||
Subject | Animal Physiology I | Code | 610G02035 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Third | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Laboratory practice | A4 A10 A17 A26 A28 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 | As prácticas de laboratorio teñen carácter obrigatorio; ao finalizar estas haberá unha proba na plataforma Moodle sobre o contido das mesmas. A nota obtida en dita proba supoñerá un 14% da cualificación final. Ademais, ao igual que no caso dos seminarios, a nota obtida en dita proba manterase invariable para o cómputo da cualificación final no caso dos/as alumnos/as que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). | 14 |
Seminar | A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 | Avaliaranse as tarefas executadas ao longo dos seminarios e/ou as probas curtas asociadas. A nota obtida supoñerá un 16% da cualificación final. Os/as alumnos/as que non asistan aos seminarios e que, polo tanto, non realicen as tarefas/probas curtas asociadas, obterán unha cualificación de 0 puntos na actividade programada ese día. A nota obtida nos seminarios manterase invariable para o cómputo da cualificación final no caso dos/as alumnos/as que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). | 16 |
Objective test | A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 | Trátase dunha proba con distintos tipos de preguntas sobre os principais aspectos/contidos do programa teórico impartidos nas sesións maxistrais. A nota obtida supoñerá o 55% da cualificación final (máximo 5.5 puntos sobre 10; non obstante, é preciso obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 nesta proba para superar a materia). Alternativamente os/as estudantes terán a opción de facer 3 probas obxectivas parciais ao longo do curso (ao igual que no caso da avaliación por medio dunha única proba, é preciso que os/as alumnos/as acaden un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada unha das probas parciais co gallo de superar a materia). | 55 |
Supervised projects | B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 | Os traballos, de carácter optativo, serán avaliados en función da profundidade do contido, a presentación e claridade da organización, o emprego dunha linguaxe propia do contexto disciplinar e a calidade das fontes documentais utilizadas. A nota obtida supoñerá un 15% da cualificación final. A nota obtida nos traballos tutelados manterase invariable para o cómputo da cualificación final no caso dos/as alumnos/as que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). | 15 |
Assessment comments | |||
Para a avaliación da materia terase en conta o coñecemento do programa teórico e das prácticas de laboratorio, así como os traballos tutelados e as actividades e/ou probas curtas asociadas levadas a cabo no contexto dos seminarios. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas. Para superar a materia deberanse cumprir os criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5.0 puntos. Para as cualificacións finais de ambas oportunidades, terán carácter de NON PRESENTADO os/as alumnos/as que non concorran ás probas obxectivas nas datas oficiais sinaladas. Serán considerados SUSPENSOS os/as alumnos/as que si concorran a ditas probas mais non acaden a puntuación global de 5.0 puntos ou teñan unha nota na proba obxectiva inferior a 4.0 puntos sobre 10 (independentemente da nota de seminarios, prácticas de laboratorio e traballos tutelados). No caso de que a suma total das cualificacións sexa igual ou superior a 5.0 puntos pero a parcial de contidos teóricos (proba obxectiva) non supere a nota mínima esixida, a cualificación numérica final será a acadada na mencionada proba de contidos teóricos. Aqueles alumnos/as que opten pola avaliación continua precisarán acadar un Os/as alumnos/as repetidores que teñan superado as prácticas nos tres anos inmediatamente anteriores poden conservar a nota destas ou, se o desexan, mellorala. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá solicitar os cambios de calendario necesarios para garantir a posibilidade de asistir a calquera das actividades avaliables programadas na materia. |
|