- Estudo dos factores que inciden na distribución da fauna nos diferentes medios.
- Caracterización de ambientes e comunidades no medio mariño, augas doces e medio terrestre.
- Adaptacións funcionais (térmicas, respiratorias, locomotoras, tróficas, reprodutivas, etc), anatómicas e comportamentais da fauna nos diferentes medios.
Plan de continxencia
(i) No caso de existiren problemas de aforo nos espazos designados para a realización de actividades presenciais, reservaranse espazos adicionais nos que os alumnos poidan seguir as actividades a través da plataforma TEAMS. No caso das actividades prácticas, os grupos desdobraranse para adaptarse á capacidade do laboratorio.
(ii) En caso de non-presencialidade sobrevinda, aplicaranse as seguintes modificacións:
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral.
- Discusión dirixida nos seminarios (computa na avaliación).
- Atención personalizada.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesións maxistrais: no caso de que non se poidan impartir de maneira presencial por un novo confinamento, as sesións maxistrais impartiranse por teledocencia en Moodle/Teams/Stream.
- Prácticas de laboratorio: no caso de que non se poidan impartir de maneira presencial por un novo confinamento, as prácticas de laboratorio cambiaranse por tarefas por teledocencia cos mesmos contidos que a práctica.
- Seminarios: no caso de que non se poidan impartir de maneira presencial por un novo confinamento, os seminarios cambiaranse por tarefas online en Moodle/Teams/Stream.
- Proba obxectiva: no caso de que non se poida realizar de maneira presencial por un novo confinamento, realizarase un exame final online en Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
- Moodle: diariamente. Segundo a necesidade do alumnado.
- Teams. Na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Facultade.
4. Modificacións na avaliación
- Proba obxectiva: proba online. Exame final online en Moodle. Peso na cualificación: 60%. (Será preciso obter un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 (2,7 sobre 6) nesta proba para aprobar a materia.)
- Seminarios: tarefas online. Peso na cualificación: 25%.
- Prácticas de laboratorio: tarefas por teledocencia. Peso na cualificación: 15%.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Todos os materiais de traballo estarán disponibles de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías