Esta materia estuda os procesos biolóxicos que operan a escala xeolóxica de tempo. Despois dunha introducción ás características principais do rexistro fósil e a súa representatividade, estúdanse aspectos relativos a análise da forma orgánica, o papel do rexistro fósil no desenvolvemento da Teoría Evolutiva moderna e a análise de procesos paleoecolóxicos e paleobioxeográficos dende una perspectiva evolutiva. No último bloque da materia preténdese obter unha visión da evolución da diversidade da vida ó longo do tempo xeolóxico no contexto dun planeta cambiante, e relacionar os coñecementos xa adquiridos, cara a interpretación da Terra como Sistema.
O enfoque da asignatura é eminentemente conceptual, deixando os aspectos mais puramente descriptivos (Paleontoloxía Sistemática) para os obradoiros e as prácticas de laboratorio.
Plan de continxencia
ESCEARIO A: GROMO EPIDÉMICO
1. Modificacións nos contidos
Non se modificarán os contidos, pero a descrición dos principais grupos fósiles que conforman as prácticas de laboratorio axustaranse ás limitacións impostas polo ensino online.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Obradoiro
Prácticas de laboratorio
Proba obxectiva
*Metodoloxías docentes que se modifican
Todas as metodoloxías adaptaranse a un estilo presencial modelo non presencial. Isto significa que as sesións maxistrais, obradoiros e prácticas de laboratorio adaptaranse a unha impartición online. Os cuestionarios, que constitúen o fundamento da avaliación continua, realizaranse tamén online, agás que os profesores non poidan garantir a vixiancia da copia nas probas (ver abaixo). Neste caso, cancelarase a avaliación continua e a cualificación dependerá do resultado dos exames finais de xaneiro e/ou xullo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Proporcionarase atención personalizada online, preferentemente a través de Microsoft Teams. Tamén se utilizarán Moodle e correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Optarase pola realización de cuestionarios online, salvo que non se poida garantir a vixiancia da copia nas probas. Neste caso, cancelarase a avaliación continua e a cualificación dependerá do resultado dos exames finais de xaneiro e/ou xullo. Outorgarase máis peso aos contidos das sesións maxistrais na cualificación final tal e como segue:
Sesión maxistral: 75%
Obradoiros: 10%
Prácticas de laboratorio: 15%
*Observacións de avaliación:
Para os estudantes a tempo parcial segundo a “Norma que regula o réxime de dedicación dos estudantes de grao na UDC (arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012)”, é obrigatoria a asistencia a un 80% das actividades do curso. O estudantado nista situación debe solicitar unha cita aos profesores con antelación para explicar o seu caso.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
ESCEARIO B: EXCESO DE AFORO
No suposto dun exceso de aforo na aula, os estudantes recibirán en directo e online a mesma clase nunha aula auxiliar. Así se fará tamén para o caso dos obradoiros. Neste caso, os alumnos dos dous grupos compartirán os materiais que se utilicen para o desenvolvemento das actividades. Para e caso das actividades de laboratorio, dada a non dispoñibilidade dun laboratorio auxiliar, reduciranse o número e/ou contido das actividades previstas
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías