Actividades iniciais |
Consiste nunha sesión de presentación da materia onde se expón e explica os distintos apartados contidos na guía docente (competencias, programa-contidos, planificación, metodoloxía, avaliación, recursos bibliográficos, etc.) e onde os alumnos poderán expor calquera dúbida ou cuestión relativa aos mesmos.
Tanto a guía docente da materia como os calendarios e horarios do curso poderanse consultar na plataforma Moodle e na web da Facultade de Ciencias da UDC. |
Sesión maxistral |
Sesións presenciais de 50 minutos de duración sobre os contidos básicos correspondentes ao programa. O profesor explicará os fundamentos teóricos da materia mediante debuxos, esquemas ou presentacións con computador (contidos que se poñerán ao dispor do alumnado a través da plataforma Moodle). O profesor tamén resolverá as dúbidas e cuestións expostas polo alumnado. Así mesmo, para un total aproveitamento destas, recoméndase que o alumnado revisase previamente os aspectos fundamentais dos devanditos temas nos textos recomendados e completado os cuestionarios relativos referentes ao mesmo. |
Prácticas de laboratorio |
Nas prácticas de laboratorio, ademais de abordar algúns aspectos teóricos relacionados as metodoloxías experimentais, adquírense as destrezas manuais propias de técnicas de Bioloxía Celular sinxelas. O alumno deberá realizar unha memoria onde se detallarán o obxectivo de cada práctica, o protocolo seguido e os resultados. Ademais, deberá describir, debuxar e interpretar as observacións levadas a cabo. Dita memoria supoñerá o 20% da cualificación final da materia. A asistencia a prácticas é condición necesaria para ser avaliado. En caso de darse circunstancias que impidan a asistencia, estas deberán ser comunicadas con anterioridade ao profesor encargado ou debidamente xustificadas. Durante as devanditas sesións, o profesor expoñerá os obxectivos da práctica e orientará as observacións do alumnado, aclarándolle as dúbidas que se lle expoñan.
|
Proba obxectiva |
Adicaranse 2 das sesións en grupos reducidos á realización de probas obxectivas, a fin de coñecer o grao de asimilación dos contidos impartidos. As actividades entregadas serán resoltas en grupos reducidos, supoñendo as mesmas o 10% da cualificación final. |
Aprendizaxe colaborativa |
Ao longo do cuadrimestre, dedicaranse 4 sesións a traballar en grupos reducidos (de 10-12 alumnos). Durante as mesmas trataranse e discutirán diversos temas relacionados cos contidos da materia, realizándose actividades relacionadas cos mesmos para cuxa resolución se empregará bibliografía específica (impresa ou mediante o emprego de recursos electrónicos). |