Para aprobar a materia os estudantes han de alcanzar un mínimo de 5 puntos e, ademais, han de obter unha puntuación mínima de 4,5 puntos sobre 10 en cada proba parcial. Os criterios de avaliación serán os mesmos en todas as oportunidades.
A avaliación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguirá os mesmos criterios, e consistirá nas mesmas probas que o resto do alumnado, adaptando as actividades solicitadas á súa circunstancia.
CUALIFICACIÓN ao final do proceso de avaliación:
1. Aqueles alumnos que cumpran os requisitos mínimos e alcancen un mínimo de 5 puntos, aprobarían a materia.
2. Aqueles alumnos que non alcancen a puntuación mínima establecida nalgunha das probas parciais (4,5/10 puntos), esta non computará na cualificación final e ademais, tras a suma das cualificacións, só poderán obter unha cualificación global máxima de 4,5 puntos.
A cualificación de "Non Presentado" figuraralle a aqueles estudantes que non se presenten ás probas obxectivas.