O obxectivo fundamental da materia é a adquisición de conceptos básicos de electricidade e magnetismo, que faciliten a comprensión das materias de Física ou outras disciplinas que forman parte do plan de estudos.
Plan de continxencia
1. Modificacins nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Seminario
- Traballo tutelado
- Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral por Teams a parte do alumnado
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: semanalmente. Utilizarase principalmente como soporte de materiais dixitalizados, para efectuar as entregas dos traballos tutelados, para a realización da proba e como medio de comunicación.
- Teams: semanalmente. En horario de tutorías, preferentemente, para facer un seguimento e apoio na realización do traballo do estudante.
4. Modificacións na avaliación
Non se contempla ningunha modificación, salvo a realización das probas mixtas (40%) de forma telemática.
*Observacións de avaliación:
Ningunha.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Porase a disposición dos estudantes materiais dixitalizados na plataforma Moodle que palíen a non presencialidad e a imposibilidade de acceder á biblioteca.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías