Asignatura de formación básica que consta de 6 créditos e que introducirá á/ó estudante nas áreas fundamentais desta materia. Os Sistemas Informáticos son sistemas capaces de almacenar e procesar información por medio de diferentes elementos software e hardware. Ó rematar a asignatura, a/o estudante será dotado cos coñecementos básicos en Sistemas Informáticos, necesarios para comprender e achegarse con garantías ás asignaturas máis avanzadas de cursos posteriores.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizan cambios.
2. Metodoloxías
- Mantéñense as metodoloxías. Cámbiase o carácter da proba de avaliación escrita por proba de avaliación realizada de xeito non presencial. Esta proba final é necesaria para realizar unha avaliación individualizada de cada alumno, xa que as prácticas e as tarefas realízanse en grupo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Toda a atención personalizada realizarase a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, correo electrónico, foros de Moodle, etc.)
- Para as titorías, pedirase aos/ás estudantes que soliciten cita aos profesores responsables para realizar videochamadas por Teams dentro dos horarios de titorías do profesorado establecidos en espazos.udc.es.
4. Modificacións na avaliación
- Mantéñense os mecanismos de avaliación, co mencionado cambio da proba escrita, que pasa a ser non presencial. Mantéñense o resto das observacións de avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizan cambios.
No evento de superar o aforo da aula asignada, asignarase unha segunda aula e retransmitiranse por Teams as sesións para os alumnos que non se atopen na aula co profesor.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías