- Recoméndase revisar con asiduidade os conceptos teóricos introducidos nas leccións maxistrais, así como resolver simultáneamente as cuestións en exercicios que se irán propoñendo. - Desaconséllase estudar únicamente polos apuntes de clase. Aconséllase elaborar os propios materiais completando os apuntes. - Recoméndase fortemente facer uso das horas de titoría para aclarar dúbidas e profundizar nos coñecementos. - Programa Green Campus da Facultade de Ciencias. Para axudar a conseguir
unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da
"Declaración
Ambiental de la Facultad de Ciencias (2020)", os traballos desta
materia solicitaránse en formato virtual e soporte informático. |