A asignatura Bioquímica Estructural resulta imprescindible, dende un punto de vista básico, para entender as principais propiedades químicas, biofísicas e estruturais das macromoléculas biolóxicas, e a relación que existe entre estas propiedades e as diversas funcións que desempeñan. Os coñecementos adquiridos resultarán imprescindibles para outras asignaturas do Grao en Nanociencia en Nanotecnoloxía.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación) ?
*Metodoloxías docentes que se modifican
(I) No caso de non presencialidade sobrevida causada por gromos da Covid-19:
- A docencia expositiva será presencial pero vía Teams.
- As prácticas de laboratorio, consistirán na visualización de vídeos relacionados cos temas prácticos, a resolución de casos prácticos, e traballo con bases de datos.
(II) No casos nos que se supere o aforo da aula asignada para a materia:
- Disponibilidade de dúas ou máis aulas e a impartición da clase a través de TEAMS para o alumnado que non estea na aula co profesor.
- O número de de sesións por grupo reduciráse e completaráse as horas coa resolución de casos prácticos e traballo con bases de datos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. ?– Teams: sesión semanal en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. ?
4. Modificacións na avaliación
- Sen modificación nos porcentaxes específicos.
- Os exames serán on-line por Moodle y/o Teams
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Sen modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías