Os obxectivos desta materia obligatoria son presentar ós alumnos instrumentos de análise dos ciclos económicos, así como das principais teorías do crecemento económico a longo prazo. Os modelos que se lles presentan ós alumnos e alumnas permiten, por unha banda, a comprensión do comportamento a curto prazo dunha economía, en base ós diferentes modelos macroeconómicos de Oferta Agregada e Demanda Agregada. Deste xeito, pódese interpretar a coxuntura económica en base ás diferentes perturbacións de oferta e demanda, identificando os efectos temporais e permanentes das mesmas nos principais indicadores macroeconómicos. Por outra banda, os modelos de crecemento permitirán entender o comportamento a longo prazo da economía, e cómo esta se axusta dinámicamente ós diferentes equilibrios de longo prazo ante cambios nos determinantes do crecemento.
Plan de continxencia
Esta materia impártese na Universidade de Santiago de Compostela. Ver web curso (https://www.usc.gal/gl/estudos/masteres/ciencias-sociais-xuridicas/master-universitario-economia/20202021/analise-conxuntura-economica-crecemento-17366-16633-2-96749)
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías