No curso académico 2021/2022, a materia dividirase en dúas partes interconectadas. A primeira delas será impartida por docentes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e terá lugar tamén en primeiro lugar no tempo. Con información de xullo de 2021, esta primeira parte correspondería aos temas 1, 2 e 5. A segunda parte (temas 3 e 4) sería impartida pola docente da Universidade da Coruña (UDC).
A avaliación da materia respectará a porcentaxe do 60% outorgada a actividades de avaliación continua e o 40% para a proba obxectiva ou exame.
Os docentes de cada unha das partes levarán a cabo as súas proprias actividades de avaliación, tanto continua como proba obxectiva. Así, os docentes da USC desenvolverán as actividades de avaliación continua que estimen pertinentes en relación á parte da materia que imparten, e a correspondente proba obxectiva; as primeiras actividades ponderarán un 60%, mentras que a segunda, un 40%. De xeito similar, a docente da UDC levará a cabo actividades de avaliación continua de dous tipos (ver cadro) en relación aos temas que imparte, e unha proba obxectiva relativa únicamente a esta parte.
A cualificación final do estudante será o resultado de ponderar as cualificacións obtidas en cada unha das partes (50% cada unha delas).
No caso da segunda oportunidade de avaliación, e coa fin de garantir a posibilidade de superación da materia consonte ás "Normas de avaliación, revisión e reclamación das calificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" establecidas pola UDC, o estudante poderá repetir tanto a actividade de proba obxectiva ou exame (ponderación, 40%) como o traballo tutelado (ponderación, 15%) referidos ao segundo bloque da materia. Para a primeira actividade existe unha data oficial de exame, e para a segunda se establecerá un procedemento de realización e entrega antes do comezo deste período de avaliación.
Importante: as actividades de avaliación continua específicas que figuran no cadro (exercicios e traballo) son exclusivas da parte que imparte a docente da UDC.