A asignatura divídese en dous módulos, un de Matemáticas e outro de Estatística, que se desenvolverán de forma independiente e simultánea durante a primeira mitade do cuadrimestre.
No módulo de Matemáticas aprenderase a traballar cas principais ferramentas de optimización e resolución de ecuaciones diferenciais para a súa posterior aplicación noutras asignaturas do máster.
O módulo de Estatística ten un enfoque aplicado. O principal obxectivo será que cada alumno/a sexa quen de aplicar na súa actividade profesional ou investigadora técnicas estatísticas xa aprendidas previamente na súa meirande parte e que requiren da preparación e a análise de datos (en ocasións grandes volumes, utilizando as ferramentas TIC, principalmente o entorno R, ademáis das follas de cálculo habituais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
A metodoloxía docente exposta nesta guía docente utilizarase independentemente do grao de presencialidade baixo o que se imparta a materia.
*Metodoloxías docentes que se modifican
En caso de que a docencia e as titorías non poidan impartirse de xeito presencial, empregaranse as ferramentas do Campus Remoto.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Campus remoto: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de foros temáticos asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias. Dispoñen de videoconferencia para a realización de tutorías en liña.
4. Modificacións na avaliación
O método de avaliación non precisa ningunha adaptación. No caso de que o exame non poida realizarse de forma presencial, realizarase virtualmente a través das ferramentas do Campus Remoto.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada no Campus Remoto.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías