O obxectivo da materia é o estudo das ferramentas básicas para o análise do funcionamento do mercado de divisas (Forex) e para dispor de fundamentos que permitan comprender a evolución dos tipos de cambio e as súas tendencias a curto e longo prazo. Os fundamentos teóricos que se estudan son, fundamentalmente, a teoría da paridade dos tipos de xuro e a teoría da paridade do poder adquisitivo. A principal aplicación práctica que se pretende explicar é o deseño de operacións de cobertura do risco cambiario mediante contratos forward para empresas de comercio exterior e empresas multinacionais. Tamén analizaránse as relacións dos tipos de cambio con mercados internacionais de financiamento e investimento.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas. Coas correspondentes adaptacións para o desenvolvemento virtual, ou semipresencial, mediante ferramentas telemáticas como Moodle, Teams ou correo electrónico.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non hai
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle, Teams e correo electrónico. Atendese baixo demanda do estudantado dacordo coa dispoñibilidade do profesor de luns a venres.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións
*Observacións de avaliación:
Realizarase a adaptación correspondente para a súa operatividade mediante ferramentas telemáticas como Moodle, Teams ou correo electrónico.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías