Estudo de casos |
A11 A12 A13 B1 B21 B22 C3 |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
A puntuación correspondente a este apartado terá un peso mínimo na calificación final da asignatura, do 20%
|
20 |
Proba oral |
B1 B21 B22 |
Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
No caso de que como consecuencia da pandemia do Covid-19, tiveran que suspenderse de novo as clases presenciais, a proba poderá consistir nun examen oral ou tipo test, dependendo das circunstancias, realizado polos medios telemáticos oportunos.
A puntuación correspondente a este apartado terá un peso mínimo na calificación final da asignatura dun 60% |
60 |