Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral.
- Lecturas.
- Estudo de casos.
- Solución de problemas.
- Proba obxectiva.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
- Eventos científicos e/ou divulgativos: celebraranse únicamente se son virtuais.
- Proba de ensaio.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: segundo necesidade. Empregarase para facer consultas, solicitar titorías virtuais, resolver dúbidas e demáis cuestións relativas á materia.
- Moodle: segundo necesidade. Tanto en situación de presencialidade como de non presencialidade, esta ferramenta utilizarase para comunicarnos co alumnado e facilitarlles o material e as prácticas da materia. Ademáis, habilitaranse os foros pertinentes para recoller as dúbidas.
-Teams: empregarase segundo a solicitude do alumnado. Esta ferramenta será utilizada para realizar as titorías de forma virtual.
- Bloc de notas de clase de Microsoft OneNote: segundo necesidade.
4. Modificacións na avaliación
A proba obxectiva representa o 50% da cualificación e consiste nun exame tipo test. Esta proba test segue a contar do mesmo número de preguntas, 30, e os mesmos criterios de puntuación, cada 3 respostas mal contestadas, réstase unha correcta. O test ten carácter eliminatorio pero, en caso de ter que aplicar o plan de continxencia, a puntuación mínima desta proba é de 14 puntos sobre 30.
O exame tipo test realizarase a través da plataforma de Moodle.
A proba de ensaio, que consiste na resolución dun caso práctico coa utilización dun código de leis non comentado e que representa o 30% da cualificación, suprímese. O peso da avaliación continua, que representa o 20% da cualificación e consiste na resolución de casos prácticos e na asistencia e participación nas clases interactivas, modifícase para aumentalo, en caso de ter que aplicar o plan de continxencia, ao 50%.
*Observacións de avaliación:
Requisitos para superar a materia:
1. Obter unha puntuación mínima de 14 puntos sobre 30 no test.
2. Que a suma da nota obtida no test e na avaliación continua sexa de 5 o máis puntos, sobre 10.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios na bibliografía recollida na guía docente. O alumnado terá dispoñible en Moodle o material empregado en clase, que é o necesario para o estudo da materia.
|