A docencia que se imparte nesta materia persegue, principalmente, a adquisición polo estudante dun grao axeitado de coñecementos sobre as principais institucións do proceso penal. Concretamente: a) Os principios constitucionais relativos ao Proceso penal; b) A tutela xudicial efectiva; c) A función do Dereito procesual penal como instrumento na aplicación do ius puniendi estatal e na protección dos dereitos do imputado e da víctima; d) O procedemento preliminar; e) O xuízo oral; f) O sistema de recursos; g) Os procesos especiais; h) A execución penal.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos non sufrirán modificacións en caso de ter que ser aplicado o plan de continxencia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manterase a estrutura da docencia, en canto á expoisición de leccións maxistrais, aínda que estas, evidentemente, desenvolveranse de xeito telemático a través da ferramenta Teams.
Tamén se realizarán sesións de carácter práctico para a exposición dos casos propostos, a través de Teams.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A entrega dos casos prácticos realizarase, en caso de aplicarse o plan de continxencia, necesariamente a través de Moodle.
As clases presenciais sustituiranse por video-conferencias a través de moodle, modulando a duración e frecuencia das mesmas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías serán substituidas por discussións en moodle e consultas por correo electrónico.
En caso de considerarse necesario poderán programarse reunións on-line individualizadas a través de Teams
4. Modificacións na avaliación
A avaliación, en caso de aplicarse o plan de continxencia, modificarase no seguinte sentido:
- O peso da proba final obxectiva pasará a ser do 70% e o dos casos prácticos do 30%.
- A proba final, consistirá nun exame oral, que se realizará a través de Teams.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se consideran necesarias. En todo caso, poderán falicitarse aos estudantes material complementario a través da plataforma moodle, de cara a apoiar a aprendizaxe a distancia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías