Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019) |
Asignaturas |
Métodos e recursos de investigación lingüística e a súa aplicación á lingua inglesa |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Métodos e recursos de investigación lingüística e a súa aplicación á lingua inglesa | Código | 613505107 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A1 A2 B11 B15 | Realización das tarefas que se propoñan ao longo do curso nas sesións presenciais ou a través de medios virtuais (plataforma virtual). | 45 |
Sesión maxistral | A1 A2 B1 B5 B11 B15 | Asistencia ás sesións maxistrales, seminarios e mesas redondas con participación e entrega de materiales propostos | 15 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 B2 B6 B10 B12 B13 B14 B15 | Elaboración dun traballo de investigación escrito e presentación oral na aula. | 40 |
Observacións avaliación | |||
OBSERVACIÓNS XERAIS Para superar a materia é preciso realizar o traballo equivalente ou superior ao 50% das tarefas de avaliación. De non ser o caso, o/a alumno/a recibirá a cualificación de ‘non presentado’. Así mesmo, o alumnado que non complete o traballo tutelado será cualificado con “non presentado”. O alumnado deberá preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula. Así mesmo, o alumnado deberá comprobar de forma regular o curso virtual da materia e o correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora. Penalizaranse as malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.). Os traballos escritos poderán ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorre, aplicaranse as normas contra o plaxio. Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet. Todas as tarefas que forman parte da avaliación deben adecuarse aos requisitos mínimos de corrección lingüística (ortografía e gramática, puntuación, concordancia, precisión léxica, ou rexistro formal) propia do nivel en lingua inglesa esperado para o alumnado deste mestrado. Deficiencias nesta área serán penalizadas na cualificación. OPORTUNIDADE DE XULLO O alumnado que non supere a materia en xaneiro terá outra oportunidade en xullo, seguindo o procedemento que se describe a continuación: 1) un traballo tutelado e a súa presentación oral (55%); 2) Tarefas que poidan suplir os exercicios realizados nos seminarios ao longo do curso (45%). ALUMNADO CON DISPENSA Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar co profesorado ao comezo do cuatrimestre para facer os axustes precisos nas distintas actividades. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Existe unha oficina (ADI) na universidade especializada en ofrecer atención aos membros da comunidade universitaria con necesidades especiais. O alumnado que o desexe pode poñerse en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de correo: adi@udc.es. |
|