Estudo das interaccións entre a literatura en lingua inglesa e outras manifestacións
artísticas no contexto anglófono, como pintura, teatro, televisión, cine, etc. Análise das
diferencias e similitudes temáticas e estéticas; estudo das particularidades, posibilidades e
límites das linguaxes empregadas; exemplos de incorporación de aspectos dunha disciplina
artística noutra diferente, contextualizados no caso dos países de fala inglesa.
A materia fai especial fincapé na aplicabilidade dos contidos en ámbitos profesionais
como a crítica cultural, ou a xestión de contidos culturais, para o que se proporcionará ao alumnado un vocabulario crítico axeitado e se lle ensinará a comentar e a escribir reseñas sobre manifestacións artísticas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Revisaranse as lecturas obligatorias pendentes e, aínda que a intención é manter os contidos, valorarase acortar ou substituir os textos de lectura.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Prácticas a través de TIC
*Metodoloxías docentes que se modifican
Adaptaranse as metodoloxías de Obradoiro e Traballos Tutelados a o novo entorno exclusivamene non – presencial por medio de Moodle/Teams. Proporcionaranse por estas canles presentacións autoexplicativas así coma outro material de ensinanza/aprendizaxe cunha guía para ir cumprindo obxectivos. Os exercicios tamén se adaptarán a estas canles: os debates terán lugar en Moodle/Teams e as tarefas orais pasarán a ter a opción de ser escritas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle/Teams/Correo electrónico/Teléfono
4. Modificacións na avaliación
Todo o indicado na guía docente segue vixente, aínda que se desenvolverá por medios exclusivamente electrónicos.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías