Métodos e Técnicas para a Elaboración e Presentación de Traballos de Investigación
Código
613584104
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
3
Idioma
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
Profesorado
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
Web
Descrición xeral
Metodoloxía e técnicas para a elaboración e presentación de traballos científicos, patróns formais para a presentación de traballos por escrito e a súa defensa oral, uso de distintos métodos de referencias bibliográficas e recursos dispoñibles para os/as investigadores/as.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non hai.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Traballos tutelados.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Obradoiro, seminario e presentación oral. O desenvolvemento dos dous primeiros será a través do Campus Virtual e de Teams, ben a través de presentacións e lecturas asociadas no primeiro caso, ou ben por medio de sesións síncronas ou asíncronas no caso da plataforma Teams.
A presentación oral do traballo tutelado será realizada a través de Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Atención a través do correo electrónico, dos foros creados a tal efecto no Campus Virtual e videotitorización a través de Teams.
4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as actividades e porcentaxes de avaliación, se ben que os comentarios e discusións derivados do Obradoiro e Seminario serán realizados a través do Campus Virtual e/ou Teams, así como tamén a Presentación Oral do Traballo Tutelado, que será previamente entregado por escrito a través do Campus Virtual.
*Observacións de avaliación:
Non hai.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai modificacións na bibliografía, aínda que en caso necesario serán fornecidos materiais en formato pdf ou webs específicas para o acompañamento das sesións non presenciais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías