Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos: Non hai.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas. De non poderse producir a desexable presencialidade, e dacordo coa experiencia do curso 2019-2020, é posible recurrir con relativa facilidade á docencia non presencial mediante Teams, Zoom ou outras plataformas similares, en especial para as horas expositivas. Máis complicado pode chegar ser conectar co alumnado no caso da docencia consagrada a aspectos prácticos, pois nese caso debería ser sempre en directo, non mediante grabación: doutro modo non sería posible interactuar co alumnado de forma similar á "vella normalidade" (naturalmente, non se pode descartar que se combine a docencia presencial con grupos reducidos e a docencia non presencial para as clases expositivas máis numerosas). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Noutras materias, xa se dispuxo da posibilidade de atención individualizada por medio de videoconferencia, polo que non cambia a situación.
*Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Mediante a aplicación Teams, previa cita coas profesoras.
Mediante correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
En caso de que a asistencia ao evento divulgativo non poida ter lugar, buscarase unha tarefa ou unha actividade que o sustitúa.
En caso de que a proba mixta non puidera ser feita de modo presencial síncrono, Deberá manterse no posible a valoración do traballo ind¡vidual do alumno dentro e fóra da aula e, desde logo, concederlle a porcentaxe da puntuación que se lle asigna na guía. Deberá procurarse que o exame, para acadar un mínimo rigor, teña lugar de xeito presencial (a través de Teams).
*Observacións de avaliación:
As mesmas que se incorporan na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións, aínda que, de ser o caso, cómpre proporcionar ao estudante os elementos básicos de consulta a través de Moodle, se non puidese acceder á Biblioteca.
|