Traballos tutelados |
A2 A4 A9 B2 B4 B6 B9 C8 |
Tarefas relacionadas con cada un dos blocos do programa. |
60 |
Cuestións xerais: A. O alumnado terá de entregar os traballos e exercicios no prazo fixado, os cales deberán cumprir unha exixencias mínimas de corrección
lingüística. A data da primeira entrega de exercicios será o 15 novembro e a da segunda entrega o 15 decembro. B. Na segunda oportunidade de xullo, o alumnado poderá presentar unha nova versión dos traballos que non obtivesen o nivel suficiente. No caso dunha cualificación insuficiente nas seccións relacionadas coa asistencia e coa participación, a cualificación do traballo constituirá 100% da final. C. O estudantado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar
e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider
asistir ás titorías, deberá pórse en contacto cos profesores a través do correo electrónico. Tamén terán de contactar co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co
seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a
dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter
condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.
|