Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Terceiro
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Gonzalez Garcia, Luis
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
Profesorado
Gonzalez Garcia, Luis
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
Web
Descrición xeral
Descrición e estudo fonético-fonolóxico da lingua española.
Perséguese, por unha banda, obter un coñecemento detallado do nivel fónico do español e, por outra, poder aplicar os métodos e as técnicas de análise fonética e fonolóxica.
Estúdase o son, a articulación e, sobre todo, a configuración fonolóxica e fonética do español.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se prevén modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Actividades iniciais
-Obradoiro
-Sesión maxistral
-Prácticas de laboratorio
-Lecturas
-Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
Eventos científicos e/ou divulgativos (en caso de confinamento non será posible acudir a actos públicos).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico. Diariamente. Utilizarase para atender as consultas de tipo particular do alumnado.
-Moodle. Varias veces por semana, segundo as necesidades. Usarase para proporcionar ao alumnado o material necesario para a docencia e avaliación. Tamén se utilizarán distintos tipos de foros para resolver todo tipo de consultas de carácter colectivo sobre a elaboración das actividades de obradoiro e laboratorio ou sobre o contido das sesións expositivas.
-Teams. Semanalmente. A docencia expositiva, interactiva e titorías en grupos reducidos realizarase mediante videoconferencia no horario aprobado pola xunta de facultade.
4. Modificacións na avaliación
En caso de docencia non presencial variará a porcentaxe dos sistemas de avaliación do seguinte xeito:
-Proba mixta: 40 %.
-Obradoiro e prácticas de laboratorio: 60 % (prácticas de transcrición: 20 %, exercicio de formantes vocálicos: 20 %, análise de espectrogramas: 20 %).
*Observacións de avaliación:
Tanto a proba mixta como as prácticas de laboratorio e obradoiro deberán ser realizadas telematicamente.
A proba mixta realizarase de forma asíncrona utilizando programas como Office Forms ou Moodle.
Para a realización das prácticas de laboratorio utilizaranse programas de software libre (especialmente Praat). Para as datas de entrega destas actividades mantéñense as datas sinaladas na guía.
Para a práctica de transcrición utilizaranse aplicacións de software libre. Realizarase ao longo do curso e entregaranse ao final do mesmo por vía telemática. Opcionalmente, poderase entregar unha fotografía do exercicio.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías