Sesión maxistral |
Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente nos docentes, que tentarán ofrecer panoramas xerais sobre as etapas da Idade Media e sobre os distintos ámbitos literarios, escolas ou movementos.
|
Proba mixta |
Proba na que se busca que o alumno responda por escrito, de xeito completo e coherente, a distintas preguntas. Valorarase a súa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.) e espírito crítico. Combinará a teoría e a praxe, de maneira que o estudante aplique as nocións teóricas adquiridas á análise de cuestións referidas aos textos sobre os que se apoia o programa (e deberá demostrar telos lido e comprendido). Tamén deberá demostrar que dispón de coñecementos básicos en relación coa literatura española medieval (situar cronolóxicamente unha oubra ou autor, diferenciar xéneros...).
|
Obradoiro |
Coa finalidade de afondar no estudio das obras, que han ser previamente lidas polos estudantes, combinaranse diversas metodoloxías e probas (prácticas guiadas, solución de problemas, exercicios de pregunta-respostas, pequenos debates, exercicios de comentario...). Non obstante, para evitar que lean e estuden as obras de lectura obrigatoria de forma illada, no caso de ser necesario (por descoñecemento de nocións básicas), o profesorado ofrecerá unha visión xeral sobre a tradición na que aquelas se inscriben, un achegamento ao autor (se houber) e ás formas literarias; nestes supostos, a exposición apoiarase nos textos, que os alumnos deben xa coñecer, pois nas sesións interactivas resulta imprescindible a súa intervención e colaboración. |
Proba de ensaio |
Realizaranse dúas probas de ensaio ao longo do curso. O alumno deberá preparar previamente as lecturas das obras que se lle indiquen e os contidos relacionados con elas. Terá que desenvolver algún aspecto o tema aplicando os seus coñecementos e ofrecendo unha análise reflexiva e crítica, na que terá que demostrar, ademais, que levou a cabo unha lectura atenta, comprensiva e completa das obras (non se trata, xa que logo, de reproducir os contidos teóricos: debe aplicalos ao aspecto que teña que desenvolver, sen esquecerse de incorporar referencias precisas ás lecturas que evidencien o seu traballo autónomo cos textos). |
Lecturas |
As lecturas das obras literarias son o eixo sobre o que pivota esta materia (o que explica o elevado número de horas adicado a esta actividad), mais, ademais, os docentes poderán solicitar a lectura de textos críticos e bibliografía complementaria.
|