Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
2º cuadrimestre
Terceiro
Optativa
4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Gonzalez Garcia, Luis
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
Profesorado
Gonzalez Garcia, Luis
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
Web
Descrición xeral
Estudiaranse as variedades diatópicas, diafásicas e diastráticas do español actual. O eixe da materia serán as variedades xeográficas, que se abordarán tamén nos seus aspectos diafásicos e diastráticos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se prevén modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais.
- Traballos tutelados
- Obradoiro
- Sesión maxistral.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico. Diariamente. Utilizarase para atender as consultas de tipo particular do alumnado.
-Moodle. Varias veces por semana, segundo as necesidades. Usarase para proporcionar ao alumnado o material necesario para a docencia e avaliación. Tamén se utilizarán distintos tipos de foros para resolver consultas de carácter colectivo sobre a elaboración das actividades de obradoiro ou sobre o contido das sesións expositivas.
-Teams. Semanalmente. A docencia expositiva e de titorías en grupos reducidos realizarase mediante videoconferencia no horario aprobado pola xunta de facultade.
Para a titorización do traballo tutelado utilizaranse os anteriores medios (correo electrónico e Teams para consultas individuais ou de grupo reducido. Os foros de Moodle para consultas de tipo xeral).
4. Modificacións na avaliación
Non se realizan modificacións.
*Observacións de avaliación:
Tanto o traballo tutelado coma as actividades do obradoiro deberán ser realizados telematicamente. O material coa gravación e transcrición dos textos será depositado en Moodle.
O traballo tutelado será titorizado por vía telemática (correo electrónico, Moodle, Teams).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías