Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Cuarto
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Profesorado
Caparros Esperante, Luis
Jimeno Rodríguez, Juan Antonio
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
juan.jimeno@udc.es
Web
Descrición xeral
Estudo de autores, obras, períodos e movementos literarios máis significativos ou representativos da literatura española dos séculos XVIII e XIX.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos.
Ningunha.
2. Metodoloxías.
*Metodoloxías docentes que se manteñen.
Aulas interactivas. Aulas prácticas.
*Metodoloxías docentes que se modifican.
As aulas expositivas substitúense por apuntes e materiais en Moodle. As aulas interactivas realizanse a través da aplicación Teams. Polo mesmo medio tratarase a resolución de dúbidas e a realización de exercicios titorizados.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Moodle, correo electrónico e Teams.
4. Modificacións na avaliación.
-Traballos tutelados: 40%. Traballo puntuable, escollido coa tutela do profesor.
-Proba obxectiva: 40%. Proba escrita (exame), realizada á final de curso, nas datas oficiais de xuño e de xullo, en que se deberá demostrar o dominio dos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos seminarios e discusións dirixidas. A proba será asíncrona e por medio de Moodle.
-Control de lectura: 20%. Control das lecturas obrigatorias, mediante a cubrición dunha ficha tipo.
*Observacións de avaliación:
Suprímese da guía inicial o apartado Sesión maxistral, que suma a súa porcentaxe nunha nova proba, Control de lectura. Esta suma o 10% da anterior e o 10% restado da Proba obxectiva, até chegar ao 20%. Estas dúas probas presentaranse o día da convocatoria oficial mediante Moodle.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías