Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos:
Non hai
2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen:
Actividades inicias *Metodoloxías docentes que se modifican: O Obradoiro e a Sesión maxistral desenvolveranse a través do Campus Virtual (mediante presentacións en power point, gravacións, lecturas e/ou exercicios). Proba mixta: no caso de ser imposible a súa realización de maneira presencial, levarase a cabo unha proba síncrona, que o alumnado fará a man en papel e da que subirá unha foto ao Campus Virtual para a súa avaliación (as preguntas serán distribuídas dunha en unha -procederase a responder á segunda, una vez entregada a primeira, e así sucesivamente-).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Correo electrónico; videochamada, previa solicitude de cita, a través de Teams (terá lugar no horario de titorías).
4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as actividades e as porcentaxes; únicamente cambia, de ser preciso, o modo en que se desenvolve a proba mixta e a maneira en que se entrega, aspecto este que afecta tamén á entrega de exercicios do obradoiro, e do traballo, que se subirán ao Campus Virtual.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai modificacións na bibliografía, aínda que, se os estudantes non puidesen acceder á Biblioteca, sería necesario proporcionarlles os elementos básicos de consulta a través do Campus Virtual ou do correo electronico. |