Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Análise Lingüística de Textos Españois |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Análise Lingüística de Textos Españois | Código | 613G01047 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A1 A2 A5 A10 A11 A15 A16 B1 B5 B7 B10 | Ao longo do cuadrimestre realizaranse análises e comentarios de diversos textos. Avaliaranse catro. Para ser cualificados na materia, deben entregar un mínimo de tres. E para aprobar hai que obter unha nota media mínima de 5 (sobre 10). | 100 |
Observacións avaliación | |||
En tódalas actividades escritas, valorarase o uso correcto e adecuado da lingua española. Penalizaranse as faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente. Dependendo da gravidade da falta, por cada unha se descontará da nota entre 0,5 puntos e 1 punto. A penalización será menor no caso dos alumnos Erasmus ou de outros programas de intercambio. As actividades entregadas fóra do prazo estabelecido penalizaranse un 50% da nota. Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia, copiar en exames, copiar traballos, ou outras formas) penalizarase coa anulación total da actividade de que se trate. Obterán a cualificación de NP (non presentado) os alumnos que entregasen menos de tres comentarios. Requírese un nivel de español de C1 a aqueles alumnos estranxeiros que desexen cursar a materia. O procedemento de avaliación para a segunda oportunidade será o mesmo que para a primeira. Os alumnos que non superaron a materia realizarán os comentarios que non fixeron para a primeira oportunidade ou os que foron cualificados con menos de 5 puntos. Gardaranse as notas superiores a 5. Na convocatoria adiantada de decembro (finalización de estudos) a avaliación farase cun exame teórico-práctico. Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia Poñéranse en contacto coa profesora nas primeiras semanas do curso. Os procedementos e as porcentaxes de avaliación serán as mesmas que para o resto dos alumnos, nas dúas oportunidades. Os comentarios entregaranse en tódolos casos a través de Moodle, onde haberá un apartado especial para estes alumnos. As titorías concertaranse por correo electrónico e se realizarán en horas adecuadas tanto para o alumno como para as profesoras. Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través de Moodle e do correo electrónico. |
|