Na aula, na primeira sesión do curso, especificaranse os pormenores para a realización do traballo tutelado. A presentación oral do traballo —duración, ferramentas empregadas, obxectivos— realizarase na sesión correspondente. Os plaxios detectados con calquera aplicación informática da UDC ou polo mesmo profesor, conlevarán unha cualificación de 0,00 inapelable.
A proba da primeira oportunidade consistirá na entrega deste traballo tutelado, adecuadamente deseñado e impreso. Se o traballo non se entrega, o alumno será cualificado cun NON PRESENTADO.
Na segunda oportunidade, a proba consistirá na entrega dese traballo tutelado.
O estudante que se presente á convocatoria adiantada (en decembro), deberá axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo).
Ao principio de curso entregarase aos estudantes un barreno pormenorizado de que será tido en conta na avaliación do traballo: coherencia, corrección, estrutura, ortografía, etc.
Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao comezo do curso —non máis tarde— para a organización da súa docencia. Programaranse titorías presenciais e non presenciais para cursar satisfactoriamente a materia.