Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Lingua Inglesa 3 |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Inglesa 3 | Código | 613G02015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Primeira toma de contacto coa materia, na que as actividades teñen como fin a obtención de información sobre o nivel de competencia do estudantado, para poder avanzar de acordo coas súas expectativas e necesidades. |
Sesión maxistral | Exposición de contidos teóricos e prácticos, acompañada de material audiovisual, co fin de aumentar e consolidar os coñecementos do estudantado da lingua inglesa e os temas aprendidos. |
Discusión dirixida | Diálogos en parellas e grupos pequenos, con seguimento do profesor, nos que se poñen en práctica as habilidades do estudantado, e nos que poden ter lugar conversacións e debates informais e espontáneos. |
Proba oral | Unha proba na que se avalía a competencia comunicativa, dentro do contexto dunha entrevista individual ou de parellas, cun ou ambos os profesores. |
Seminario | Son sesións prácticas nas que se traballan as habilidades básicas en relación co programa, e nomeadamente, o speaking, o listening e o reading. |
Proba obxectiva | Exame escrito. Permite que os profesores avalíen os coñecementos e habilidades lingüísticas adquiridos, desenvolvidos e mellorados durante o curso. Pode incluír varios tipos de preguntas e basearase nos materiais utilizados ao longo do curso. |
Foro virtual | Espazo de participación virtual no Moodle, no que o estudantado deberá participar, enlazando novas e expresando a súa opinión sobre elas, debatindo e contestando as achegas dos compañeiros, e tentando convencer os demais. |
Portafolios do alumno | Conxunto de tarefas de redacción encomendadas durante o cuadrimestre. |
|