Teaching GuideTerm Faculty of Philology |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Subjects |
Idioma Moderno: Francés |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2021/22 | |||||||||||||
Subject | Idioma Moderno: Francés | Code | 613G02016 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Second | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Introductory activities | Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado e sobre as súas competencias de partida en lingua francesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado. |
Problem solving | Nesta materia chámase solución de problemas ás aulas e actividades relacionadas coa gramática e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita. A realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademais das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial (exercicio de gramática, redacción, resumo, tradución…). |
Directed discussion | Nesta materia chámase discusión dirixida as aulas e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais (expresión oral, comprensión oral e interacción oral). A realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial. |
Workbook | Ademais da lectura de textos (literarios, de revistas, de xornais...) nesta materia entendemos por lectura todo o material que o alumnado deberá ler/consultar fóra da aula para a adquisición e asimilación dos contidos e para a realización das actividades da materia. |
Objective test | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. en todas as destrezas. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas. |
Speaking test | Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado. |
|