Obradoiro |
Nas sesións presenciais previamente determinadas nun cronograma incorporado ao campus virtual da materia realizaranse prácticas de prosodia, ortoepía, fonética sintáctica e rendibilidade expresiva.
Estas actividades estarán baseadas na procura de modelos de calidade e a aprendizaxe colaborativa.
Cada estudante terá un espazo para rexistrar as súas prácticas orais que funcionará a modo de portafolio.
O obradoiro poderá incluír a participación de persoas convidadas que acheguen modelos articulatorios exemplarizantes ou a audición de rexistros sonoros que funcionen como referentes a imitar.
A participación no 80% das prácticas do obradoiro (e o seu consecuente rexistro) será unha condición indispensábel para poder ser avaliada/o. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar dous traballos prácticos.
O primeiro, escrito, consistirá na análise do modelo oral dun fragmento tirado dos medios de comunicación ou das redes sociais e previamente combinado co docente e na achega de melloras desa oralidade.
O segundo, oral, consistirá na incorporación ao campus virtual dunha gravación en que a/o estudante declame un fragmento poético fuxindo dos modelos da dicción do verso español, segundo o traballado no obradoiro. |