Teaching GuideTerm Faculty of Philology |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Subjects |
Medieval Galician and Portuguese Literature |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2021/22 | |||||||||||||
Subject | Medieval Galician and Portuguese Literature | Code | 613G02023 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Third | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Introductory activities | Aplicada á primeira sesión da disciplina, en que se expón o funcionamento da materia, a bibliografía básica recomendada, a metodoloxía das actividades avaliábeis, así como tamén se presentan ao alumnado as bases de datos e recursos que serán empregados. As actividades iniciais son moi útiles para coñecer as competencias e intereses que posúen os e as estudantes coa finalidade de articular a docencia e favorecer a aprendizaxe. |
Guest lecture / keynote speech | Exposición oral por parte da profesora que facilita a visión xeral do tema en cuestión, mais tamén permite a explicación de contidos recentes e novidosos que non están aínda incorporados nos libros e manuais. Estas exposicións orais compleméntanse co uso de recursos relacionados coas TIC, así como tamén se introducen nelas preguntas dirixidas ao estudantado coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e incitar á reflexión. Estas sesións sérvenlle ao alumnado como preparación para a realización das prácticas. |
Document analysis | Lectura, análise e comentario de textos e paratextos de diversa tipoloxía. |
Seminar | Esta metodoloxía é moi útil para estudar con pormenor temas concretos nos grupos reducidos, pois permite a lectura de materiais, a discusión e a elaboración de documentos e conclusións que debe tirar todo o alumnado. |
Glossary | O alumnado debe confeccionar conxuntamente un glosario de termos poéticos e literarios. Esta actividade será realizada a través do Campus Virtual (esta plataformas contempla a realización de glosarios) e o alumnado terá de incluír cunha periodicidade semanal os novos artificios que vaian aparecendo nas sesións de aulas teóricas e prácticas. O obxectivo é que no final do período lectivo o estudantado conte cunha ferramenta para a revisión dos conceptos de cara á realización da proba mixta, dos seus traballos e para o seu aproveitamento futuro. Esta actividade será iniciada nas sesións prácticas do subtema (Poética e retórica trobadorescas) 4 e completado con frecuencia semanal. |
ICT practicals | Nesta materia trátase do manexo de diversos recursos en rede e portais especializados para a aplicación práctica de coñecementos adquiridos nas sesións teóricas. |
Workbook | Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da Información. Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula. |
Critical bibliographical | Análise e valoración por escrito da obra de Arias Freixedo (2003) incluída entre as lecturas obrigadas. O alumnado reflexiona así sobre a lectura e achega unha crítica froito desa reflexión e da propia experiencia. |
Events academic / information | Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado, que terá de realizar unha pequena ficha sobre o evento en cuestión. |
Mixed objective/subjective test | Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e combinará exercicios de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. |
|