Estudo dos principais elementos relativos ao funcionamento da literatura portuguesa desde o século XIX até a actualidade
Plan de continxencia
1. Modificacións nos conteúdos: Os conteúdos fixados mantéñense sen alteracións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Mantéñense todas as metodoloxías inicialmente previstas.
*Metodoloxías docentes que se modifican: As sesións maxistrais serán substituídas por sesións de atendimento grupal acordadas previamente com o alumnado. En función das condicións (quer técnicas quer persoais) do alumnado as exposicións orais e os obradoiros poderán ser realizadas de maneira (a)síncrona através de Teams. Se non houber condicións para isto, os obradoiros serán substituídos por estudos de caso e a apresentación oral por unha ficha de leitura.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Toda a información e a documentación relativa á materia estará accesíbel no Campus Virtual. Teams, en horario e formato (síncrono ou asíncrono) acordados co alumnado. Correo electrónico a demanda do alumnado.
4. Modificacións na avaliación Caso non houber condicións (técnicas ou persoais) as exposicións orais poderán ser eliminadas e o seu peso na avaliación distribuído equitativamente entre o traballo tutorizado e as lecturas (0,5 valores para cada unha destas metodoloxías).
*Observacións de avaliación: As actividades contempladas neste apartado do guía da materia serán realizadas de modo non presencial e (a)síncrono. O alumnado con dificuldades para o acompañamento da materia durante a vixencia deste plano de continxencia quer por motivos técnicos ou materiais (de conexión a internet, de acceso a computadores, etc.), quer por necesidades ou limitacións persoais de calquera tipo (coidados, conciliación, horarios ou espazos restrinxidos, etc.) deberá contactar co profesor no menor tempo posíbel a fin de seren arbitradas as medidas de flexibilización e adaptación necesarias para a atención de cada caso particular. As restantes observación feitas á avaliación no guía docente da materia continúan en vigor.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Son disponibilizados no Campus Virtual todos os materiais bibliográficos necesarios para o acompañamento da materia
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías