Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables.
Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).
Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4).
As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica deberán porse en contacto co profesorado para organizar o seu seguemento da materia. Serán avaliadas de acordo co seguinte sistema: proba mixta (40%), traballo tutelado (30%) e lecturas (30%). Tamén deberán porse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral sexa incompatible co seguemento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes á dispensa académica.
A cualificación de NON PRESENTADO/A será outorgada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.
Na segunda oportunidade (xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación que na primeira. As persoas que concorreren á segunda oportunidade deberán realizaar unicamente as actividades non superadas na primeira. As datas de entrega serán indicadas polo profesorado con antecedencia suficiente. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.