Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Cuarto
Optativa
4.5
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Lourido Hermida, Isaac
Correo electrónico
isaac.lourido@udc.es
Profesorado
Lourido Hermida, Isaac
Correo electrónico
isaac.lourido@udc.es
Web
Descrición xeral
Estudo particularizado de procesos, tendencias, produtos e traxectorias relevantes e significativos da poesía en lingua galega e portuguesa.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non haberá mudanzas.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse todas as metodoloxías, que serán adaptadas a modalidades de docencia telemática, de tipo síncrono (a través de Teams) e asíncrono (a través do Campus Virtual).
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Mecanismos de atención permanente: correo electrónico para a atención individual, foro xeral no Campus Virtual sobre a organización da materia e foro específico no Campus Virtual sobre as actividades avaliábeis. Mecanismos de atención dispoñíbeis a petición do alumnado: Vídeo-titorías a través de Teams.
4. Modificacións na avaliación
Manteranse o mesmo sistema de avaliación, de acordo coa adaptación á modalidade non presencial das metodoloxías docentes.
*Observacións de avaliación: Non hai.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non haberá mudanzas. Todos os materiais bibliográficos imprescindíbeis estarán dispoñíbeis no Campus Virtual da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías