Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán modificacións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral
– Traballos tutorizados (con atención personalizada) (computa na avaliación)
– Obradoiros (computa na avaliación)
– Lecturas (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
– A Proba Mixta non se realizará, sendo substituída por “estudo de casos”.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. A demanda do alumnado. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutorizados
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Haberá encontros regulares, con base na planificación inicial da materia, para o atendemento do alumnado, o acompañamento dos traballos, así como para pór en praática o desenvolvemento dos contidos teóricos da materia. No Moodle serán disponibilizados, explicados e atribuídos todos os elementos relacionados cos “estudos de caso” sustitutivos da proba mixta, así como o "aggiornamento" necesario (máis de pormenor) de calqueira outro aspecto do desenvolvemento da materia.
– Teams: Unha sesión semanal para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutorizados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. As sesións "ad hoc" necesarias para o seguimento e apoio na realización do “estudo de casos”.
4. Modificacións na avaliación
– Traballos tutorizados (30%): En relación cos traballos tutorizados serán obxecto de avaliación o rigor teórico e formal, a capacidade analítica e relacional, así como a elaboraciónn de reflexións críticas e a profundidade dos contidos expostos.
– Lecturas (10%): En relación coas lecturas serán obxecto de avaliación a adecuación dos resumos das mesmas, así como a pertinencia das reflexións persoais sobre elas, no contexto dos coñecementos adquiridos e dos contidos desenvolvidos que lles digan respecto.
– Obradoiros (20%): En relación cos obradoiros serán obxecto de avaliaciónn a capacidade analítica dos temas abordados, a cualidade da exposición oral e/ou escrita e a adecuación aos contidos e aos obxectivos propostos derivados das previas lecturas atribuídas.
– Estudo de casos (40%): En relación co estudo de casos será obxecto de avaliación tanto a precisión expresiva e dos contidos, como a adecuación ás competencias xerais da materia dos comentarios, análises e reflexións realizados.
*Observacións de avaliación:
– Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10.
– O alumnado terá de entregar os traballos e actividades nos PRAZOS fixados.
Todas as actividades realizadas por escrito deberán cumprir unhas exixencias mínimas de CORRECCIÓN LINGUÍSTICA. No caso de deficiencias linguístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo os criterios que constan no documento "Exixencias mínimas de corrección linguística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).
– Na OPORTUNIDADE DE XULLO serán aplicados, no seu caso, as mesmas metodoloxías e os mesmos criterios de avaliación que figuran para o caso de continxencia. Todas as actividades previstas serán entregues de acordo cos procedementos e os prazos indicados oportunamente polo profesorado.
– O alumnado con MATRÍCULA PARCIAL E/OU DISPENSA ACADÉMICA deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ao atendemento, deberá porse en contacto co profesorado através do correo electrónico coa suficiente antecedencia.
– O sistema de avaliación na CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO consistirá nunha proba mixta ou estudos de caso equivalentes (50%) e nun traballo tutorizado (50%). O alumnado interesado en concorrer a esta convocatoria deberá contactar o profesorado coa suficiente antecedencia.
– A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non tiver entregado ningunha das actividades contempladas no apartado de “avaliación” para o caso dunha posíbel situación de continxencia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
– Realizaránse os axustes necesarios para que o estudantado, na medida do posíbel, poida dispor de todos os materiais de traballo precisos en formato dixital en Moodle. |