Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
2º cuadrimestre
Cuarto
Optativa
4.5
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral
Estudo particularizado de obras, autores e momentos relevantes e significativos da dramaturxia en lingua galega e portuguesa.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán mudanzas.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Evento científico/divulgativo asíncrono
Lecturas
Discusión dirixida
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Presentacións orais: as exposicións de textos dramáticos realizarase no Moodle. A discusión conxunta farase através de comentarios en cada unha das entradas.
Sesión maxistral: as contextualizacións dos contidos por parte do docente faranse en sesións de Teams.
Empregarase igualmente o Teams para unha sesión de atendemento grupal semanal.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Email: permanentemente
Aplicación de mensaxaría do Moodle: permanentemente
Sesión de atendemento conxunto: todas as cuartas feiras, entre as 11 e as 12 horas, nunha sesión síncrona que ficará gravada para consultas posteriores.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións nin nas metodoloxías avaliábeis nin na porcentaxe na cualificación final.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Toda a bibliografía básica de crítica literaria está accesíbel no espazo do Moodle destinado á materia, ben como as obras dramáticas estudadas en cada epígrafe dos contidos.
As presentacións de textos dramáticos por parte do alumnado limitaranse a aquelas que son accesíbeis en formato dixital. Neste sentido, o docente facilitará enderezos de repositorios web en que poden ser localizadas estas obras (Instituto Camões, Revista Galega de Teatro etc.)
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías