Na oportunidade de xullo o estudantado realizará un
traballo sobre os textos de estudo (4-6 páxinas, 60% da nota) e un exame (40%
da nota). O alumnado que ao longo do curso presentara traballos
satisfactoriamente non ten que presentar ningún traballo adicional na segunda
oportunidade.
A aplicación Turnitin será utilizada para verificar a
orixinalidade dos traballos non feitos na aula. Turnitin
detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto
ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario).
O alumnado que non se presente a algunha das probas obxectivas da
primeira ou segunda oportunidade acadará a cualificación de Non Presentado se
non entregou máis do 50% das actividades avaliables durante o curso.
O alumnado oficialmente matriculado a tempo parcial e que
teña concedida unha dispensa académica será avaliado en calquera
oportunidade segundo os criterios especificados para a segunda oportunidade.
O estudantado que se presente á convocatoria
adiantada de decembro availarase segundo as normas da oportunidade de
xullo.