Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa (Séculos XVIII e XIX
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A9 A10 A11 Dúas probas (unha hacia metade do curso; outra na data asignada para o exame final) nas que o alumnado deberá amosar o seu dominio nos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos grupos reducidos e seminarios. Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha das dúas probas para que á nota resultante se lle sumen ás obtidas no resto das actividades avaliables. 40
Traballos tutelados A1 A6 A7 B1 B2 B5 B6 B7 Individuais e/ou en grupo pequeno. Orais e/ou escritos. Ao arrancar o curso darase toda a información pertinente en Moodle e máis na aula. 40
Discusión dirixida A2 A3 A8 B4 B10 A profesora valorará a participación activa e continuada do estudantado. 20
 
Observacións avaliación

Na oportunidade de xullo o estudantado realizará un
traballo sobre os textos de estudo (4-6 páxinas, 60% da nota) e un exame (40%
da nota). O alumnado que ao longo do curso presentara traballos
satisfactoriamente non ten que presentar ningún traballo adicional na segunda
oportunidade. 



A aplicación Turnitin será utilizada para verificar a
orixinalidade dos traballos non feitos na aula.  Turnitin
 detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto
ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario
). 



O alumnado que non se presente a algunha das probas obxectivas da
primeira ou segunda oportunidade acadará a cualificación de Non Presentado se
non entregou máis do 50% das actividades avaliables durante o curso. 



O alumnado oficialmente matriculado a tempo parcial e que
teña concedida unha dispensa académica será avaliado en calquera
oportunidade segundo os criterios especificados para a segunda oportunidade.



O estudantado que se presente á convocatoria
adiantada de decembro
availarase segundo as normas da oportunidade de
xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes