Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Máster Universitario en Ciberseguridade |
Asignaturas |
Seguridade de Aplicacións |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Seguridade de Aplicacións | Código | 614530005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Clases impartidas polo profesorado mediante a proxección de diapositivas. As clases teñen un enfoque totalmente práctico, explicando os conceptos teóricos mediante o uso de exemplos sinxelos e casos de estudo. As diapositivas están dispoñibles a través da plataforma de docencia da universidade. |
Prácticas a través de TIC | Para experimentar cos conceptos estudados na materia, a/o estudante realizará dúas prácticas. A primeira estará centrada no análise de vulnerabilidades dunha aplicación web. A/O estudante partirá do código fonte dunha aplicación web e terá que detectar as vulnerabilidades, explotalas e corrixilas. A segunda práctica estará centrada nos mecanismos de autenticación, autorización e control de acceso. A/O estudante partirá do código fonte dunha aplicación, que consta dunha interface de usuario e un servizo, e terá que encargarse de implementar os aspectos de autenticación, autorización e control de acceso, seguindo distintas estratexias. |
Proba de resposta múltiple | Realizarase un exame de tipo test, cuxo obxectivo é comprobar que a/o estudante asimilou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha delas é correcta. As preguntas non contestadas non puntúan e as contestadas erroneamente puntúan negativamente. |
|